Pasado e presente do fenómeno migratorio galego en Europa

Email

Prezo
15,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Nesta monografía recóllense os distintos relatorios presentados no Coloquio «Pa­­­sado e presente do fenómeno migratorio en Ga­licia», organizado pola Cátedra Unesco 226 sobre Mi­gracións da Universidade de San­­tiago de Com­postela e celebrado os días 17 e 18 de no­vembro de 2005.

O citado coloquio, cuarto dos realizados até o momento da publicación deste volume, constitúe unha máis das actividades realizadas pola cátedra Unesco 226. Os tres anteriores abordaron diferentes cues­tións migratorias nos ámbitos da Eu­ropa La­tina, da Península Ibérica e do conxunto de España. No presente caso centrouse mono­­graficamente en Galicia, dado que a emi­gración constitúe un dos tra­zos máis desta­­­cados do seu sistema demográfico, desde, polo menos, os comezos da Idade Mo­derna, aínda que sexa na eta­pa contemporánea can­do o volume de poboación afectada foi maior e máis perceptibles as súas numerosas impli­cacións sociais e económicas.

O obxectivo principal deste volume é refle­xio­nar sobre un tema tan importante na His­toria de Galicia como é a emigración desde dis­­tintas ópticas para conseguir unha visión plu­ri­disciplinar que aborde aspectos culturais, de­mo­gráficos, sociais e económicos dalgúns dos flu­xos migratorios nos que participou a poboación galega.

Autor/a:
VV.AA.
ISBN:
978-84-7824-522-2

Noticias

  • Etnohistoria de Mazaira

    Por Armando Requeixo. Un pobo que non lembra a súa historia, as súas tradicións e os seus devanceiros é un pobo que deixou de existir. Para afianzar o presente, para viabilizar un futuro é imprescindible gardar memoria do que viñemos sendo. Os...

    Ler máis...